Este luns 1 de xuño remata o prazo para presentarse ao VI Premio 'Somos Esenciais'
Ás 14:00 horas deste luns 1 de xuño remata o prazo para presentar candidaturas á sexta edición do premio 'Somos Esenciais', convocado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, coa colaboración de Gadis, para premiar traballos xornalísticos de temática social publicados ou emitidos en Galicia no 2025.