A casa da cultura da Fonsagrada acolle este xoves un obradoiro contra a desinformación
Os obradoiros contra a desinformación do Colexio de Xornalistas na provincia de Lugo, postos en marcha coa subvención da Deputación de Lugo, chegan esta semana á Fonsagrada cun taller que terá lugar o xoves 9 de xullo, ás 12:30 na Casa da Cultura. Esta actividade de alfabetización mediática, dirixida ao público adulto, estará impartida por Pilar Rodríguez Losada.