O Foro 'Un país coa súa lingua' propón vincular as axudas aos medios á presenza efectiva do galego entre outras medidas para impulsar o uso do idioma
O foro participativo Un país coa súa lingua, impulsado polo Consello da Cultura Galega e que contou coa participación de Ana González Liste en representación do Colexio de Xornalistas, vén de publicar o seu informe de conclusións con propostas para revitalizar o uso do galego. No que fai ao ámbito xornalístico, o documento alerta dun "compromiso desigual dos medios de comunicación" e propón unha serie de medidas a curto e medio prazo, encabezadas polo reforzo dos requisitos lingüísticos nas axudas a medios.