O CPXG convoca o XXII Premio Xornalistas de Liberdade de Prensa
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia abre a convocatoria da vixésimo segunda edición do Premio Xornalistas de Liberdade de Prensa, que recoñece o traballo dunha persoa ou organización destacada na defensa da liberdade de prensa ou cunha traxectoria profesional destacable libre e independente. Pódense presentar candidaturas ao galardón desde hoxe ata o martes 3 de marzo ás 14:00 horas.