A Comisión Europea prepara unha directiva contra as demandas slapp

Segundo informa The Guardian, a Comisión Europea prepara a primeira proposta lexislativa contra os litixios destinados a intimidar ou silenciar xornalistas e membros de ONG. A directiva permitiría botar abaixo casos xudiciais "manifestamente infundados" cando impliquen a máis dun estado da UE, así como negarse a recoñecer procesos xudiciais de países non membros da Unión. O uso destas demandas considérase unha das principais ameazas para a liberdade de información na actualidade.

O xornal británico The Guardian publicou este mércores que a Comisión Europea está a preparar unha directiva contra as denominadas demandas slapp (das siglas inglesas correspondentes a "litixios estratéxicos contra a participación pública", que algunhas empresas e individuos poderosos usan para intimidar ou silenciar a xornalistas e organizacións non gobernamentais, ao iniciar procedementos xudiciais longos e custosos. O uso das demandas slapp está a crecer en toda Europa e son vistas na actualidade como unha das principais ameazas para a liberdade de información. 

A directiva da Comisión Europea sería a primeira proposta lexislativa deste tipo en Europa, e permitiría a xornalistas e membros das ONG apelar aos tribunais para botar abaixo casos xudiciais "manifestamente infundados" que impliquen a máis dun estado membro da Unión Europea. Ademais, os tribunais dos países da UE poderían negarse a recoñecer procesos xudiciais neste sentido que proveñan de estados non pertencentes á Unión, unha medida que se considera dirixida particularmente contra o Reino Unido, que se ten destacado como a orixe de boa parte das demandas slappNunha recomendación non vinculante, a Comisión Europea insta tamén aos estados membros a tomar medidas enérxicas contra estes casos xudiciales mesmo sen que impliquen a máis dun estado europeo. a forma máis común de litixio abusivo. Por último, segundo a proposta de directiva, se un caso é finalmente desestimado como abusivo, os demandantes terán que facerse cargo das costes e os destinatarios da acción legal poderán reclamar danos e prexuízos.

O xornal británico lembra os casos da xornalista maltesa Daphne Caruana Galizia, que cando foi asasinada no 2017 se enfrontaba a 47 litixios con empresarios e políticos, e do reporteiro italiano Cesare Giuzzi, que anunciou a súa retirada de eventos públicos tras recibir máis de cincuenta demandas de membros de bandas do crime organizado. Na nosa contorna e nos últimos meses, teñen sido vistas como demandas slapp as realizadas contra El Confidencial ou Crític, entre outras. 

CPXG