A decisión de non renovar a concesión a RCTV é irreversible

O ministro de Comunicación e Información de Venezuela, Willian Lara, ratificou que a decisión de non renovar a concesión a RCTV de Caracas "é un feito irreversible cuxo fundamento constitucional, legal e regulamentario é solidamente incontrovertible", en resposta ó desexo do cardeal Jorge Urosa de reexaminar esa medida.
O ministro asegurou que o cardeal Urosa non ten nada de que preocuparse respecto á pluralidade da información no país. "O incremento do número de emisoras de radio, de televisoras, de periódicos, de revistas, páxinas de Internet e a súa diversidade de orientacións políticas, é a máis confiable garantía de que os venezolanos seguirán contando con información plural cada día na dinámica da liberdade de expresión e de información propias da democracia venezolana".

Idéntica consideracións formulou Lara en relación ó comunicado emitido polo relator para a liberdade de expresión da Comisión Interamericana para os Dereitos Humanos, Ignacio Álvarez, no que se fan afirmacións similares ás expresadas polo Cardeal Urosa.

Adicionalmente asegurou que a asesoría ofrecida por Álvarez non é necesaria porque en Venezuela as "liberdades cidadás, incluindo as vinculadas ó pensamento, a expresión e a información, viven un momento estelar, cuxa perdurabilidade está blindada".

VENEZUELA
PERIODISTAS-ES / VENEVISIÓN