A Declaración de Compostela conta co respaldo de 77 persoas
Un total de 77 persoas, a nivel individual ou representando tanto a colectivos e institucións implicadas na loita polos dereitos das mulleres como a medios de comunicación, asinaron a Declaración de Compostela. Este documento, impulsado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), contén unha serie de recomendacións para evitar a linguaxe e o tratamento sexista ou discriminatorio nas noticias.
A Declaración de Compostela foi presentada na primeira xornada sobre Medios de Comunicación e Violencia contra as Mulleres do Observatorio Galego dos Medios. Ao final do encontro, o 16 de outubro de 2004, 77 persoas participantes no mesmo quixeron asinar este documento, adquirindo un compromiso social e profesional na loita contra a discriminación. Xornalistas de diferentes medios, traballadoras de casas de acollida, centros de información ás mulleres, psicólogas, membros de asociacións de mulleres, de colectivos feministas, ou avogadas figuran na lista de asinantes que respalda a Declaración.
O texto da declaración xurde da preocupación polo aumento cuantitativo de casos de violencia de xénero feitos públicos e da inquedanza polo tratamento que os medios de comunicación estaban dando ao tema. A Declaración de Compostela propón unha serie de medidas para aplicar na praxe diaria no campo do xornalismo que contribúen a evitar os usos perversos da linguaxe e dos modelos transmitidos, axudando a favorecer a eliminación de estereotipos.