A Facultade de Comunicación e o Colexio de Xornalistas organizan un obradoiro de xornalismo de investigación con Manuel Rico

O grupo de investigación Novos Medios, da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, coa colaboración do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, organiza o taller gratuíto Técnicas de investigación xornalística en tempos de IA, impartido por Manuel Rico. A xornada terá lugar o martes 1 de abril, en horario das 17.00 ás 20.00 horas na Sala de Doutoramento da Facultade de Ciencias da Comunicación, con prazas limitadas.

O obradoiro, coordinado polos profesores Beatriz Gutiérrez Caneda e Xosé López García, quere facer un achegamento á práctica da investigación xornalística e as súas ferramentas, nun momento no que as tranformacións tecnolóxicas están a mudar de maneira fonda o desenvolvemento da profesión. E faino da man de Manuel Rico, un dos nomes principais do xornalismo de investigación.

Manuel Rico, correspondente en España do equipo transfronteirizo Investigate Europe, é un destacado xornalista de investigación galego, autor de numerosas exclusivas ao longo da súa traxectoria profesional. Nos seus trinta anos de carreira foi redactor xefe de Interviú, subdirector de Tiempo, subdirector de Público e director e director de investigación de infoLibre, ademais de traballar en El Correo Gallego e nas delegacións de Galicia e Euskadi de El Mundo. En 2021, gañou o XVII Premio José Couso de Liberdade de Prensa. 

A asistencia é gratuíta e as vinte e cinco prazas dispoñíbeis repartiranse por rigoroso orde de inscrición, a través deste formulario.

CPXG