A FIP destaca a importancia da organización dos e das freelance na pandemia

A Federación Internacional de Xornalistas volve lembrar as graves consecuencias da crise sanitaria sobre os e as xornalistas á peza, e salienta que cada vez se están a organizar máis de cara á defensa dos seus dereitos. Neste sentido, o Colexio de Xornalistas puxo recentemente en marcha unha comisión de freelance e autónomos para organizar a este colectivo

A Federación Internacional de Xornalistas (FIP) reitera, logo de consultar cos sindicatos e asociacións que forman parte dela, a situación dos xornalistas freelance e autónomos como o colectivo máis prexudicado pola pandemia na nosa profesión. Máis esta situación provocou tamén unha tendencia a unha maior organización neste colectivo, cada vez máis numeroso e porén invisibilizado por mor da atomización e das dificultades para tomar accións colectivas. O secretario xeral da FIP, Anthony Bellanger, declarou neste sentido que "a pandemia da COVID-19 demostrou, unha vez máis, que a organización a loita colectiva dos traballadores e das traballadoras dos medios de comunicación marcan a diferencia protexendo salarios, saúde e dereitos".

Así, desde a FIP destácanse casos exitosos de organización dos xornalistas á peza: as reclamacións en España, nas que participou o Colexio de Xornalistas, para que os autónomos puideran acceder aos estadios de fútbol; a campaña #ForgottenFreelances do National Union of Journalists británico, que conseguiu garantir os dereitos dos freelances, excluídos do plan de axudas do goberno, ao igual que sucedeu en Australia ou Francia; ou a enquisa do Deustcher Journalisten-Verband, que desvelou as necesidades deste colectivo en Alemaña. Todos estes exemplos mostran que a organización dos 

No noso entorno, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia puxo en marcha recentemente unha comisión de freelance e autónomos, para organizar a este colectivo. A participación nesta comisión esta aberta a todos os colexiados e as colexiadas que queiran colaborar. Para participar só é precioso enviar un correo a xornalistas@xornalistas.gal

CPXG