A II Edición de Xornalismo na Escola continúa este mércores no IES Rosais 2 de Vigo

Obradoiro de Xornalismo na Escola no IES Carlos Casares de Vigo o pasado 6 de marzo

Xornalismo na Escola, o proxecto do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Obra Social La Caixa co que se pretende achegar os medios de comunicación aos máis novos, continúa mañá, 3 de maio, en Vigo da man do xornalista Víctor Sariego, que impartira dous novos obradoiros entre as 9:00 e as 12:00 horas no IES Rosais 2 (Rúa Coutadas, s/n).

Os obradoiros buscan inculcar na xuventude espírito crítico ante a información e as noticias nos medios de comunicación offline e online. Ademais, o alumnado tratará temas  os riscos e ventaxes das novas tecnoloxías de información e a comunicación (TIC), as diferenzas entre comunicación e xornalismo, a necesidade da mediación e o contraste de fontes no xornalismo ou tamén o que pode supór para a xente nova o labor xornalístico.

“Por que os políticos din mentiras e como saber cando as din? Por que chaman Pinocho a Trump? Que é un gabinete de comunicación? Para que sirve o xornalismo? Canto gana un/unha xornalista? Como saber cando algo é un bulo ou fake? Que é iso da idade de consentimento sexual? A min en que me afecta como noticia legal para a xuventude?” son algunhas das cuestións que están a xurdir nos centros onde se celebran estos obradoiros.

O proxecto de Xornalismo na Escola, que se pode seguir en twitter baixo o hashtag #XornalismoNaEscola, é posible grazas a un acordo acadado a finais de 2015 entre o Colexio de Xornalistas de Galicia e a Obra Social La Caixa e que agora se renova e amplía cunha segunda edición máis ambiciosa. A súa primeira edición levou con grande éxito máis de sesenta talleres de comunicación a case corenta puntos da xeografía galega. Lugares como Arteixo, Arzúa, O Barco, Barro, Cambre, Monforte, Muros, Negreira, Sada ou Salvaterra foron algunhas das localidades ata as que chegaron os obradoiros.

A Obra Social ‘la Caixa’ está a levar esta iniciativa a outras cidades e comunidades autónomas, onde xa hai algúns anos que se puxo en marcha o proxecto. Cataluña, Sevilla e Madrid son algúns deses lugares onde se ven celebrando obradoiros de similares características.

CPXG