A pandemia da Covid-19 aumentou a fenda de xénero no xornalismo

Unha enquisa da Federación Internacional de Xornalistas revela que as mulleres xornalistas viron aumentados os seus niveis de estrés e os problemas de saúde durante a crise sanitaria da Covid-19. As xornalistas denuncian tamén que non se desenvolveron estratexias concretas de xénero na pandemia e que as existentes previamente se viron resentidas polos recortes.   

A Federación Internacional de Xornalistas (FIP) vén de facer públicos os resultados dunha enquisa realizada a mulleres xornalistas de 52 países. O estudo revela que a crise sanitaria incrementou as desigualdades de xénero nos medios de comunicación, e máis da metade das xornalistas consultadas asegura que se viron prexudicadas na conciliación da vida laboral e privada (62%), nas súas responsabilidades laborais (46%) ou nos salarios (27%).

Ademais, o 77,6% recoñece que aumentou o seu nivel de estrés, e a metade delas achácano a necesidade de realizar tarefas múltiplas. Entre as causas deste incremento do estrés figuran o illlamiento para traballar, o acoso de los jefes, o coidado dos fillos, as tensións domésticas, o aumento da carga de traballo, os prazos axustados para a realización de tarefas, as longas xornadas laborais, o impacto psicolóxico da cobertura da pandemia e o medo a perder o traballo.

Para máis de tres cuartas partes o acoso (incluído o realizado a través da rede) e a intimidación aumentou ou se mantivo igual, e máis de dous terzos (67,83%) considera que as estratexias de xénero sufriron polos recortes financieros. A consecuencia de todo isto, máis da metade das enquisadas víronse afectadas na súa saúde, e case tres cuartas partes tiveron problemas de sono. Por último, o 53.63% considera que os sindicatos non desenvolveron ningunha estratexia concreta para facer fronte ás desigualdades de xénero na pandemia.

Ante os resultados desta enquisa, o Consello de Xénero da FIP chamou ás empresas mediáticas e aos sindicatos a facer da igualdade de xénero unha prioridade no seo das respostas á pandemia, e solicita que se esixan medidas concretas para fornecer as mujeres periodistas dunhas condicións de traballo dignas.

CPXG