A Rede de Colexios de Xornalistas apoia ao Colegio de Periodistas de Andalucía na súa petición de respecto e garantías para que os xornalistas poidan traballar con seguridade
A presión e as ameazas que desde hai tempo veñen sufrindo os xornalistas no exercicio do seu traballo volvéronse poñer hoxe de manifesto en Sevilla cando o presidente de Vox, Santiago Abascal, convocaba por Twitter unha roda de prensa en plena rúa.
O acto non contaba coas autorizacións pertinentes para celebrar unha convocatoria que a propósito ía reunir a numeroso público, máis aló do previsible nunha roda de prensa que, como o seu nome indica, está dirixida só aos profesionais. A situación motivou que unha xornalista interpelara a Abascal a quen acusou de "convocar un mitin en lugar dunha roda de prensa". A resposta do público foi de apupos e gritos cara á xornalista.
A Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas apoia ao Colegio de Periodistas de Andalucía na súa esixencia ás autoridades e ao Goberno que adopten medidas para que os profesionais poidan seguir traballando e ofrecendo información á cidadanía sen ter que expoñerse a este tipo de afrontas e agresións, cada vez máis frecuentes nas rúas e nas redes sociais.
O xornalismo é un servizo público esencial e como tal debe ser protexido. As roldas de prensa deben ser seguras e teñen como finalidade que o político ofreza información e se someta ás preguntas dos xornalistas. A celebración destes actos na rúa non é máis seguro. Quen convoca debe dispoñer os espazos e os medios para que os profesionais poidan facer o seu traballo con dignidade e sen expoñerse a ningún risco.
Desde a Rede de Colexios de Xornalistas e o Colegio de Periodistas de Andalucía animamos aos profesionais a non acudir a estas convocatorias e aos medios e empresas xornalísticas a apoiar aos seus traballadores nesta decisión.
Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas