A Rede de Colexios de Xornalistas esixe a inmediata liberación dos informadores detidos en Cuba

A Rede de Colexios de Xornalistas esixe a inmediata liberación dos informadores detidos en Cuba, entre os que se atopa a correspondente de ABC Camila Acosta, que foi detida xunto a outra vintena de compañeiros tras informar sobre as protestas na Habana. Segundo comunicou o ABC, a xornalista Camila Acosta vai ser procesada por "delitos contra a seguridade do Estado".