A Rede de Colexios de Xornalistas rexeita a actuación policial e xudicial en diversos medios baleares ao ser un ataque ao dereito ao segredo profesional dos xornalistas
A Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas expresa o seu rexeitamento ás actuacións que hoxe se produciron en diversos medios de comunicación de Illas Baleares, Europa Press e Diario Mallorca, ante o que considera unha clara vulneración do dereito ao segredo profesional que ampara a estes profesionais no exercicio do seu traballo.
A Rede lembra que o artigo 20 da Constitución recoñece e protexe o dereito a comunicar ou recibir libremente información veraz por calquera medio de difusión e a regulación por lei do dereito á cláusula de conciencia e ao segredo profesional no exercicio destas liberdades.
A Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas insiste en que o segredo profesional se xustifica xustamente porque permite que informacións relevantes, de indubidable interese público, saian á luz e sexan coñecidas pola cidadanía. Coartar este dereito é actuar contra os principios básicos da democracia, como o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos lembrou en numerosas ocasións.
Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas
A Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas constituíuse o 14 de xuño de 2018 e está formada polo nove colexios profesionais de xornalistas que actualmente existen en España (Andalucía, Asturias, Castela e León, Cataluña, Galicia, A Rioxa, Murcia, Navarra e País Vasco).
REDE DE COLEXIOS PROFESIONAIS DE XORNALISTAS