A Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas rexeita o sinalamento de xornalistas realizado por Pablo Iglesias e Pablo Echenique

A Red de Colexios Profesionais de Xornalistas mostra o seu rexeitamento ás críticas e ao sinalamento de varios xornalistas levado a cabo por Pablo Iglesias e Pablo Echenique.

Os políticos están sometidos ao escrutinio público e dos medios de comunicación, por seren depositarios da vontade popular, e deben responder polos seus actos. Por esta razón, é totalmente inxustificábel o ataque á liberdade de prensa realizado polos dirixentes de Podemos ao sinalar a varios xornalistas e medios de comunicación.

Así mesmo, a Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas lembra que se algún representante político considera que un xornalista ou un medio de comunicación vulnera o código deontolóxico da profesión ou a propia lei, hai mecanismos suficientes para denuncialo, como son as Comisións de Deontoloxía ou os propios Tribunais de Xustiza. Pero o que é inaceptábel é utilizar o menosprezo e o sinalamento público para tentar coartar a liberdade dos xornalistas no seu exercicio profesional, o que supón un ataque directo ao dereito á información que ten a cidadanía.

Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas

A Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas constituíse o 14 de xuño de 2018 e está formada polos nove Colexios Profesionais de Xornalistas que actualmente existen en España (Andalucía, Asturias, Castilla e León, Cataluña, Galicia, A Rioja, Murcia, Navarra e País Vasco).

Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas

La Red de Colegios Profesionales de Periodistas rechaza el señalamiento de periodistas realizado por Pablo Iglesias y Pablo Echenique