A Sepi vende a sé central de EFE ó BBVA por 51,25 millóns de euros
A empresa Infoinvest, filial da Sociedade Estatal de Participacións Industriais (Sepi), chegou a un acordo co BBVA para venderlle o edificio no que se atopa a sé central de EFE, por 51,25 millóns de euros, segundo confirmou a propia axencia.
A sinatura do acordo efectuarase nos próximos días, probablemente esta mesma semana.
Esta operación de venda inclúe o mantemento do contrato de arrendamento que actualmente ten EFE con Infoinvest e polo que a Axencia paga un alugueiro de 1.800.000 euros ó ano.
A sé central da Axencia EFE está situada no número 32 da madrileña rúa de Espronceda. Trátase dun edificio de seis plantas máis sotos nos que está situado o aparcamento, e ocupa un total de 9.390 metros cadrados.
A Dirección de EFE traballa desde hai tempo na busca dun novo inmoble para os seus servizos centrais máis acorde coas necesidades actuais e futuras da axencia.
A Axencia EFE vendeu a súa sé central a Infoinvest en xuño de 2002, cando era presidente da Sepi Ignacio Ruiz-Jarabo.
Infoinvest, empresa especializada na xestión inmobiliaria, desenvolve programas de revitalización económica en antigas zonas industriais sometidas a reconversións e asesora á Sepi e ás compañías do seu grupo na xestión do seu patrimonio inmobiliario.
Os sindicatos, en desacordo
O Comité Intercentros da Axencia criticou o acordo a través dun comunicado asinado por todas as forzas sindicais con representación en EFE.
Así, CCOO, UGT, Federación de Sindicatos de Xornalistas e CIG rexeitan esta operación inmobiliaria que "deixa a EFE sen sé central e a expensas dos intereses particulares dunha entidade privada", sostén o Comité Intercentros.
Tras destacar que as plusvalías xeradas na operación para a Sepi poden alcanzar os 14 millóns de euros, a representación sindical reitera a súa petición de que se proporcione á empresa un estatuto democrático que garanta a súa independencia do Goberno e lle outorgue a necesaria estabilidade patrimonial e financeira.
EL MUNDO/EFE
MADRID