A undécima edición da Bolsa ‘Nacho Mirás’ preséntase este xoves 23 en Santiago
A presentación da XI Bolsa ‘Nacho Mirás’ vai celebrarse este xoves 23 de abril ás 11:00 na Aula de Visionado 1 da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (Avda. de Castelao s/n). A bolsa está organizada polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e patrocinada por Abanca, coa colaboración da Facultade.
O acto vai contar coa presenza de:
- Belén Regueira Leal, decana do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.
- Alba Silva Rodríguez, vicedecana da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC.
- Ramón Mariño Pérez, director de zona Santiago Cidade de Abanca.
Ao remate das intervencións terá lugar a presentación do traballo gañador da pasada edición, Trescentostrece, da man dos seus responsábeis Paula Pérez Cantelar, Xoel Rodríguez Poy e Iria Ramos Mesía.
CPXG