Aberto até o mércores 31 o prazo para presentarse ao III Premio 'Somos Esenciais'

Imaxe do Premio Somos Esenciais

Ás 14.00 horas do mércores 31 de maio remata o prazo para presentar candidaturas á terceira edición do premio 'Somos Esenciais', convocado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, en colaboración con Gadis, para recoñecer traballos xornalísticos de de temática social en Galicia no 2022.

Baixo o lema A información ao servizo da xente, o premio está dotado con 1.500 euros e un diploma acreditativo, e poden presentarse a el todos os e as xornalistas e fotoxornalistas que publicaran ou emitiran traballos de temática social en Galicia ao longo do ano 2022. As candidaturas deben enviarse a través do correo electrónico xornalistas@xornalistas.gal, e deberán estar acompañadas da ficha de inscrición, ademais do traballo en pdf, formato de imaxe ou arquivo de vídeo ou audio, segundo corresponda. De ser o caso, acompañarase tamén dunha ligazón para localizar o traballo na rede. O prazo de presentación remata ás 14.00 horas do mércores 31 de maio.

Máis información aquí.

CPXG