Actualizados os convenios para colexiadas e colexiados

Nos últimos meses, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia asinou convenios con Opticalia La Torre e a Unión de Artesanos para ofertar novos descontos e servizos a colexiadas e colexiados, ademais de renovar os acordos con Asisa e as Clinicas Dentais Pazos y Couto. Podes consultar todos os beneficios para colexiados e colexiadas na sección Descontos da nosa web. 

En concreto, o novo convenio con Opticalia La Torre ofrece revisión visual e auditiva gratuíta e descontos de entre o 15 e o 50% para colexiados e colexiadas e os seus familiares en distintos produtos e servizos de óptica e audioloxía neste estabelecemento da Coruña. A Unión de Artesanos, pola súa banda, oferta tres meses gratis para as colexiadas e colexiados que se dean de alta no seu seguro de asistencia sanitaria, unhas condicións que tamén son válidas para familiares directos.

No que fai ás renovacións, o acordo con Asisa ofrece condicións especiais para colexiados e colexiadas na contratación de seguros de saúde, con acceso a todas as coberturas a un prezo competitivo. No caso das Clinicas Dentais Pazos y Couto, o convenio permite a colexiadas e colexiados acceder a un prezo reducido nos seus centros de Santiago,incluíndo revisión, radiografías panorámicas e extraccións simples gratuítas e descontos do 10%  en limpezas, empastes, implantes ou scanners 3D.

Podes consultar as condicións destes convenios e todos os servizos e descontos para colexiadas e colexiados na sección Descontos da nosa web. Se aínda non dispós das claves para acceder aos documentos e códigos dos convenios, podes solicitalas no enderezo xornalistas@xornalistas.gal ou no teléfono 981 935 670.

CPXG