Alerta sobre a situación das radios comunitarias en España e no leste de Europa
"As radios comunitarias no leste europeo e en España non gozan do recoñecemento necesario que lles permita exercer o dereito á comunicación e se lles limita así a liberdade de expresión", destacou Mariano Sánchez na mesa da Campaña polos Dereitos da Comunicación na Sociedade da Información (CRIS).
Maior coñecedor da situación española, Mariano Sánchez enfatizou sobre a importancia das campañas e redes mundiais en defensa do dereito de comunicación e alertar sobre a situación de discriminación, persecución e fustrigada que viven as radios comunitarias e outros medios no mundo.
Os participantes neste diálogo promovido por CRIS na cuarta xornada do Foro Social Mundial preparaban unha resolución para incluír os temas de comunicación como un dos eixes de importancia nos próximos encontros.
Destacaron igualmente a importancia da comunicación no desenvolvemento humano e o importante papel que xogan os medios comunitarias, dada a súa proximidade ás persoas, no acompañamento que viñeron desenvolvendo en todos estes anos ós movementos sociais e ás loitas que estes formulan e nos seus esforzos por incluír as reivindicacións na axenda política.
MADRID
PERIODISTAS-ES / PÚLSAR