Ampliado até o 1 de xuño o prazo para presentarse ao VI Premio 'Somos Esenciais'

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia amplía até o luns 1 de xuño o prazo para optar aos 2.000 euros da sexta edición do premio 'Somos Esenciais', que convoca en colaboración con Gadis. O galardón recoñece traballos xornalísticos de temática social emitidos ou publicados en Galicia no 2025. Até as 14:00 horas dese día poden presentarse as candidaturas.

O Premio de Xornalismo 'Somos Esenciais', para publicacións en Galicia durante o 2025, ten como obxectivo recoñecer o labor dos e das profesionais da comunicación e a información social como vehículo condutor entre o que pasa na sociedade e a cidadanía, dando voz aos problemas dos axentes sociais e aos efectos que causan. A el poden presentarse todos os e as xornalistas e fotoxornalistas que publicaran información en Galicia ao longo do ano pasado.

As candidaturas deben presentarse antes das 14.00 horas do luns 1 de xuño a través do correo electrónico xornalistas@xornalistas.gal, e deberán estar acompañadas da ficha de inscrición, ademais do traballo en pdf, formato de imaxe ou arquivo de vídeo ou audio, segundo corresponda. De ser o caso, acompañarase tamén dunha ligazón para localizar o traballo na rede. Estabelécese un único premio de 2.000 euros, aínda que o xurado poderá facer tamén as mencións especiais aos traballos que considere oportunos. 

Máis información aquí

CPXG