As concesións da TDT para móbiles convocaranse cando se aprobe a Lei de Impulso da Sociedade da Información
Os concursos para a concesión da Televisión Dixital Terrestre (TDT) para móbiles convocaranse unha vez que se aprobe a Lei de Impulso da Sociedade da Información, cuxo anteproxecto acaba de ser informado polo Consello de Estado, segundo o secretario de Estado de Telecomunicacións, Francisco Ros.
Ros, que interveu na Comisión da Sociedade da Información do Senado, cualificou a TDT como unha das prioridades do Goberno en materia de telecomunicacións ata o final da lexislatura.
A preguntas dos xornalistas, dixo que a consulta pública que iniciou o Ministerio de Industria sobre a TDT en mobilidade permitirá ir adiantando o regulamento sobre esta materia, de forma que poida ser publicado de forma inmediata cando o Parlamento aprobe a Lei de Impulso da Sociedade da Información.
Explicou que ó non haber lexislación sobre a TDT en mobilidade ten que contemplarse nunha lei e que espera que a de Impulso da Sociedade da Información sexa levada moi pronto ó Parlamento e que non espera dificultades para a súa aprobación.
No Senado, Francisco Ros lembrou que España foi o país europeo que máis probas de TDT en mobilidade realizou con vinte en total sobre o estándar DVB-H.
Consulta pública
O ministerio fixo pública onte unha nota na que informaba sobre a apertura da consulta pública sobre esta nova tecnoloxía á que poderán responder os distintos axentes interesados. Esta consulta servirá para acordar o réxime xurídico deste servizo.
O Ministerio de Industria iniciou xa os traballos para anticipar o antes posible a planificación dun novo múltiple dixital para a prestación deste servizo, aínda que na nota de prensa advirte que dada a escaseza de frecuencias dispoñibles, terá inicialmente unha cobertura limitada.
ESTRELLA DIGITAL/EFE
MADRID