Asinado novo convenio con Asisa

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia vén de asinar un novo convenio con Asisa. Con este acordo, os colexiados e colexiadas poden beneficiarse de condicións especiais na contratación de seguros de saúde ou de vida.

En concreto, ofrécense prezos especiais para colexiados e colexiadas na poliza do seguro ambulatorio de saúde, que dá acceso a medicina xeral e moitas outras especialidades con libre elección de facultativo, urxencias 24 horas, consultas e probas diagnósticas, técnicas especiais de tratamento, enfermería, podoloxía, planificación familiar, medicina preventiva, psicoterapia, segunda opinión médica e asistencia en viaxes ou por accidentes laborais, profesionais e de tráfico. Tamén no seguro completo de saúde, que ademais das prestacións do ambulatorio inclúe hospitalización sen límite en cuarto individual con cama de acompañante, atención no embarazo e no parto, cirurxía hospitalaria e ambulatoria, trasplantes, próteses e implantes e unha indemnización por falecemento por accidente de 6.000 euros. Ademais, se se contrata un seguro Asisa Vida Tranquilidade antes do 30 de novembro, ofrécese un 20% de desconto na poliza para toda a vida

Este convenio engádese ao resto que se poden ver na sección Descontos da nosa web, así como aos que se preven asinar en breve. Se aínda non dispós das claves para acceder aos documentos e códigos dos convenios, podes solicitalas no enderezo xornalistas@xornalistas.gal ou no teléfono 981 935 670.

CPXG