Ata o domingo 5 podes actualizar a túa fotografía e datos para os novos carnés

Como xa sabes, se o teu carné de colexiada ou colexiado caduca en xuño deste ano, podes enviarnos até o domingo 5 de abril unha fotografía recentes para incluír nos novos documentos, así como actualizar calquera dos teus datos persoais, de cara a poder incluílo no proceso de renovación en marcha. 

Se o consideras necesario e o teu carné caduca, como a meirande parte, en xuño deste ano, podes facilitarnos unha fotografía recente para incluír na nova acreditación. Para poder estar dispoñíbeis para a renovación dos documentos, as fotografías, formato carné, deben enviarse a administracion@xornalistas.gal antes do 5 de abril, en formato jpg, con calidade suficiente e indicando no nome do arquivo o teu nome completo (NomeApelidoApelido.jpg). 

Así mesmo, podes aproveitar para actualizar calquera dos teus datos persoais, enviando as modificacións correspondentes ao mesmo enderezo de correo electrónico.

CPXG