Até o final deste ano continúan exentas dos gastos de colexiación as novas altas no CPXG
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia segue mantendo aberta a promoción con motivo do seu 25 aniversario, pola que as e os xornalistas que se dean de alta até o 31 de decembro deste 2025 non terán que pagar os gastos iniciais de colexiación.
A comezos deste ano, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) anunciou, como primeira iniciativa para a celebración do seu vinte e cinco aniversario, que ao longo de todo o 2025, as e os profesionais que se dean de alta no CPXG estarían exentos do pagamento de 30,05 euros como gastos iniciais de colexiación. A promoción entrou xa no seu último trimestre, e só as altas que se produzan antes do 31 de decembro poderán gozar deste incentivo para acceder aos servizos e vantaxes de ser colexiado ou colexiada.
Desta maneira, o CPXG quere celebraros vintecinco anos do seu nacemento na Asemblea Xeral celebrada en Santiago de Compostela os días 8 e 9 de abril de 2000, onde foron aprobados os seus Estatutos e elixida a primeira Xunta de Goberno, ademais de lembrar que de igual xeito que o xornalismo non é posíbel sen xornalistas, o CPXG tampouco podería existir sen as e os profesionais que, ano tras ano, contribúen coas súas cotas, o seu traballo desinteresado e o seu apoio, á institución dos e das xornalistas galegas.
As colexiacións realizadas até o final deste ano unicamente terán que abonar as cotas anuais de pertenza ao Colexio para poder contribuír á defensa da profesión. A partir do ano 2026, as novas altas volverán ter que abonar os gastos de colexiación.
CPXG