Comunicación e Persoas Maiores

Co cuarto foro, que vencella o mundo da comunicación coas persoas maiores, péchase a primeira quenda de encontros internacionais organizados polo Observatorio dos Medios. O debate na rede do foro Comunicación e Persoas Maiores desenvolverase na rede desde o 12 de febreiro ao 24 de marzo. O día 24 realizarase unha xornada presencial en Ourense.
As persoas maiores son un colectivo que supón unha parte importante da poboación e que non sempre ve satisfeitas as súas necesidades informativas.

O Foro Internacional sobre Comunicación e Persoas Maiores, mediante a posta en común dos sectores académico, profesional do xornalismo e asociativo, pretende buscar novas vías para acadar un mellor tratamento deste colectivo nos medios de comunicación.