Condena do asasinato de SANTIAGO OLEAGA ELEJABARRIETA
A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) fai pública a seguinte declaración:
1. Condenamos enérxicamente o asasinato de Santiago Oleaga Elejabarrieta, director financieiro de "El Diario Vasco", víctima da acción dun pistoleiro de ETA ó máis puro estilo fascista.
2. Expresamos a nosa solidariedade coa familia de Santiago Oleaga, cos nosos colegas de "El Diario Vasco" e o Grupo Correo e con todos os xornalistas vascos, obligados a traballar, e a vivir, baixo a ameaza chantaxista dunha organiazación terrorista e liberticida..
3. Chamamos, unha vez mais, a atención sobre a agresión que estas accións asasinas suponen contra o exercicio das libertades de información e de expresión, fundamento do marco de libertades consagrado na vixente Constitución. Neste senso, rexeitando e condenando calquera agresión contra calquera cidadán, subraiamos o valor engadido e simbólico das que, coma neste caso, atacan frontalmente á profesión xornalística e a súa determinante función mediadora nunha sociedade democrática.