Condena do atentado contra GORKA LANDABURU

A Xunta de Goberno do COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA (CPXG) quere facer pública a rotunda condena do atentado sufrido polo xornalista GORKA LANDABURU.
Unha vez máis, temos o triste deber de chamar a atención sobre a ameaza que para as libertades de todos suponen estas agresións.

En representación dos xornalistas galegos queremos facerlle chegar a Gorka Landaburu e á súa familia a nosa solidariedade e o noso abrazo.

Solidariedade que extendemos a todos os xornalistas vascos que, a tan alto precio, defenden a palabra, a paz e a libertade de todos.

No nome da Xunta de Goberno do CPXG

Xosé María García Palmeiro
DECANO