Cristina de la Vega: "En sanidade, o peso da información que imos trasladar e as consecuencias que vai ter para toda a xente teñen que estar por riba de calquera outra cousa"

Cristina de la Vega Jiménez leva toda a súa carreira profesional vinculada á comunicación sanitaria, un ámbito que adquiriu unha dimensión inédita coa pandemia da COVID-19. Con máis de 30 anos de experiencia, exerce como xefa de Comunicación e de Relacións Institucionais da Área Sanitaria da Coruña – Cee e é tamén delegada da Asociación Nacional de Informadores de Saúde (ANIS) en Galicia.

–Hai un ano víamos as imaxes de Wuhan, do confinamento por unha nova enfermidade e parecíanos imposible que pasase aquí. Dous meses e medio despois, chegaba a nós a pandemia. Como se vive desde un hospital, desde a zona cero da emerxencia sanitaria? 

Como sociedade, pensabamos que non ía con nós, tamén houbera varias falsas alarmas, alertas doutras gripes ou de virus que ao final quedaran en case nada. Eu levo trinta anos no hospital; é certo que vivín cousas moi dramáticas, pero isto non é unha crise do hospital, non é unha catástrofe como un accidente ou un naufraxio. É unha crise global. Para min foi e é unha angustia vital. Non quero parecer dramática, porque o realmente complicado é para os meus compañeiros que están na primeira liña.

Accede á entrevista completa para colexiados e colexiadas aquí