Cuestionario para a elaboración dunha guía de comunicación sobre vivenda e migración

A organización non gobernamental Provivienda, que traballa desde 1989 para dar resposta ás necesidades residenciais de todas as persoas, especialmente daquelas en situación de maior dificultade, está a desenvolver na actualidade o proxecto ‘’Desmontando o discurso de odio sobre migración e vivenda: mitos y realidades’’, para o que solicitan a colaboración de profesionais da comunicación mediante a cobertura dun cuestionario.

Esta iniciativa de Provivenda busca detectar os discursos de odio dirixidos a personas vítimas de racismo no acceso á vivenda e desmontar os prexuízos nos que se fundamentan, ademais de sensibilizar o mercado inmobiliario e os medios de comunicación para poder chegar ao conxunto da sociedade española e a todos os potenciais arrendadores.

Un dos obxectivos do proxecto é a elaboración dunha guía de comunicación en materia de vivenda e migración dirixida a estudantes de Ciencias da Información e profesionais do sector, que se enviará a medios, universidades e axencias inmobiliarias. Para a realización deste manual práctico solicítase aos e ás xornalistas a súa participación a través deste formulario, de maneira que o documento resultante sexa o máis participativo posíbel. 

A data límite para cubrir o cuestionario é o venres 30 de setembro. Ademais de profesionais do xornalismo e  estudantes de Ciencias de la Información, na elaboración da guía van participar tambén persoas que sufriran racismo ou discurso de odio.

CPXG