Defenden a inclusión da comunicación responsábel entre os obxectivos da Axenda 2030

A Alianza Global para as Relacións Públicas e a Xestión da Comunicación fai un chamamento para incluír un novo obxectivo de desenvolvemento sostíbel dedicado á comunicación entre os propósitos da Axenda 2030 das Nacións Unidas. Máis do que unha proposta formal, a iniciativa busca promover a importancia da comunicación como un axente do cambio. 

A Alianza Global para as Relacións Públicas e a Xestión da Comunicación, unha organización baseada en Suíza que agrupa as principais asociacións de comunicación corporativa do mundo, vén de pór en marcha un chamamento a incluír un novo apartado, dedicado a comunicación, nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostíbel (ODS) promovidos polas Nacións Unidas dentro da Axenda 2030. Co título "Comunicación Responsábel", o novo obxectivo, ODS 18, estaría dedicado a capacitar as persoas como axentes do cambio, reportar para compartir información clara e sensibilizar a sociedad para que tome conciencia.

Desde a propia organización promotora recoñécese que é difícil que as Nacións Unidas vaian modificar agora os seus obxectivos para o 2030, polo que esta iniciativa buscaría máis ben para salientar a importancia da comunicación e "promover a necesidade de sensibilizar, capacitar e informar a unha sociedade cada día máis consciente de que existe outra manera de facer as cousas". A Asociación de Directivos de Comunicación de España sumouse ao proxecto.

O ODS reclamado pola Alianza Global debera incluír s seguintes ideas: estabelecer un diálogo aberto sobre os principais desafíos globais; considerar o diálogo como a arma máis poderosa; achegar un enfoque ético da comunicación organizacional e institucional; fomentar a loita contra as loiadas e tratar de eliminar calquera concepto que derive en propaganda; educar as persoas para utilizaren os poderes de comunicación; apoiar o xornalismo rigoroso, a diversidade e a igualdade de xénero; empatizar con quen sofre fame, pobreza, falta de oportunidades, guerra, migracións forzadas e discriminación; e promover e utilizar unha linguaxe positiva e inclusiva.

CPXG