Enquisa mundial sobre os ataques á credibilidade das e dos xornalistas

Dentro dun estudo das universidades canadense da Columbia Británica e Simon Fraser, o Comité para a Protección dos Xornalistas disponibilizaron unha enquisa para xuntar datos sobre o acoso que sofren os e as profesionais no exercicio do seu labor informativo. O cuestionario está aberto á participación de xornalistas de todo o mundo. 

O Global Reporting Centre e o Comité para a Protección dos Xornalistas puxeron en marcha a enquisa Atacar o Mensaxeiro: Ataques en Contra da Credibilidade dos e as Xornalistas, que busca recompilar datos sobre a desinformación e o acoso ao que se enfrontan no seu traballo cotián as e os profesionais da comunicación, por medio de campañas que afectan á súa credibilidade e pretenden pór trabas ao exercicio libre da información. Entre estos ataques inclúense, por ejemplo, afirmacións falsas ou insultantes sobre a conducta, o xénero ou a orixe étnica dos e das informadoras.

A enquisa encádrase dentro dun estudo, dirixido por un equipo de investigación das universidades canadense da Columbia BritánicaSimon Fraser arredor de como responden os e as xornalistas a este tipo de ataques en todo o mundo. Os resultados da investigación serán publicados en xornais aacadémicos e informes públicos, que incluirán tamén recomendacións para xornalistas e defensores da liberdade de prensa.

As organizacións impulsoran do estudo solicitan ás e aos xornalistas de todo o mundo a súa colaboración para cubrir a enquisa, que está dispoñíbel neste enlace

CPXG