Este luns 20 remata o prazo para presentarse ao II Premio 'SomosEsenciais'
Ás 14.00 horas do vindeiro luns, 20 de xuño, remata o prazo para presentar candidaturas á segunda edición do premio 'Somos Esenciais', convocado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, en colaboración con Gadis, para recoñecer o traballo xornalístico máis salientábel sobre a Covid-19 en Galicia no ano 2021.
O premio está dotado con 1.500 euros e un diploma acreditativo, e poden presentarse a el todos os e as xornalistas e fotoxornalistas que publicaran ou emitiran traballos relacionados coa pandemia en Galicia ao longo do ano 2021. As candidaturas deben enviarse a través do correo electrónico xornalistas@xornalistas.gal, e deberán estar acompañadas da ficha de inscrición, ademais do traballo en pdf, formato de imaxe ou arquivo de vídeo ou audio, segundo corresponda. De ser o caso, acompañarase tamén dunha ligazón para localizar o traballo na rede. O prazo de presentación remata ás 14.00 horas do luns 20 de xuño.
Máis información aquí.
CPXG