Este venres ás 14:00 remata o prazo para presentarse ao V Premio 'Somos Esenciais'

Estes son os últimos días para presentar candidaturas á quinta edición do premio 'Somos Esenciais', dotado con 2.000 euros para premiar traballos xornalísticos de temática social publicados ou emitidos en Galicia no 2024. Ás 14.00 horas deste venres 30 de maio rematara o prazo deste certame convocado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, en colaboración con Gadis.

O premio está dotado con 2.000 euros e un diploma acreditativo, e poden presentarse a el xornalistas e fotoxornalistas que publicaran ou emitiran traballos de temática social en Galicia ao longo do ano 2024. As candidaturas deben enviarse a través do correo electrónico xornalistas@xornalistas.gal, e deberán estar acompañadas da ficha de inscrición, ademais do traballo en pdf, formato de imaxe ou arquivo de vídeo ou audio, segundo corresponda. De ser o caso, acompañarase tamén dunha ligazón para localizar o traballo na rede. O prazo de presentación remata ás 14.00 horas do venres 30 de maio.

Máis información aquí.

CPXG