Este venres preséntase en Lugo un programa de alfabetización mediática

O venres 29 de maio, ás 9:00 horas, presentarase nunha conferencia de prensa na Sala de Xuntas do Pazo de San Marcos de Lugo (Praza San Marcos, s/n) un programa de alfabetización mediática organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e subvencionado pola Deputación Provincial de Lugo.

Na conferencia de prensa van intervir:

  • Belén Regueira Leal, decana do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia
  • Carmela López Moreno, presidenta da Deputación Provincial de Lugo

CPXG