Este xoves 27 preséntase a X Edición da Bolsa ‘Nacho Mirás’ para xornalistas noveis
Este xoves 27 de marzo vai ter lugar a presentación da décima edición da Bolsa ‘Nacho Mirás’ para xornalistas noveis, organizada polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e patrocinada por Abanca, coa colaboración da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. O acto terá lugar ás 11:00 horas na Aula de Visionado 1 da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC (Avda. de Castelao s/n), en Santiago de Compostela.
O acto contará coa presenza de:
- Belén Regueira Leal, decana do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.
- Alba Silva Rodríguez, vicedecana da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC.
- Ramón Mariño Pérez, director de zona Santiago Cidade de Abanca.
Ao remate das intervencións presentarase os traballo gañadores da pasada edición: A Vozes, cultura zeta, de Raul Salgueiro Cores, e (Des)facendo Galicia, de Érika Martínez Fernández e Samuel Pérez Pérez.
CPXG