Este xoves 28 de marzo preséntase a IV Edición da Bolsa ‘Nacho Mirás’ para novos titulados

Este xoves, 28 de marzo de 2019, ás 11:00 horas, vai presentarse a cuarta edición da Bolsa ‘Nacho Mirás’ para novos titulados, na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC (Avda. de Castelao s/n) en Santiago de Compostela.

O acto vai contar coa presenza de:

  • Xosé Ramón Pousa, decano da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC
  • Xosé Manuel Pereiro, vicedecano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia
  • Ramón Mariño, director de Zona de Santiago Cidade de Abanca

 

Ao remate das intervencións, será presentado, pola súa autora, o traballo gañador da pasada edición: Pícaros.gal.

CPXG