Este xoves preséntase a II Edición da Bolsa ‘Nacho Mirás’ para novos titulados

Este xoves, 27 de abril de 2017, ás 11:00 horas, vai presentarse a segunda edición da Bolsa ‘Nacho Mirás’ para novos titulados, na Aula 1 da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC (Avda. de Castelao s/n) en Santiago de Compostela.

A rolda de prensa vai contar coa presenza de:

  • Xosé Ramón Pousa, decano da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC
  • Francisco X. González Sarria, decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia
  • Isaac González Toribio,  Director de Comunicación e Relacións Institucionais de ABANCA

Ao remate das intervencións, serán presentados, polos seus autores e autoras, os traballos seleccionados o ano pasado: Punto e Volta e Mediamap.

CPXG