Foro Internacional sobre Comunicación e Xénero en Pontevedra
O Observatorio dos Medios (OM), dependente do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), organiza o vindeiro día 25 de novembro un Foro Internacional sobre Comunicación e Xénero. Esta xornada está enmarcada nun proxecto do Seminario Permanente sobre Comunicación, Cidadanía e Xornalismo Social do OM, mediante o que se pretende abordar un debate entre profesionais da comunicación, o tecido organizativo da sociedade civil e a comunidade universitaria.
Abordaranse, por medio deste proxecto, diferentes temáticas e actores sociais que a cotío se atopan nos medios de comunicación nunha situación de desigualdade con outros temas considerados de maior relevancia, como os referentes a política e economía, tratando de achegarlles ás problemáticas sociais a importancia que merecen nas axendas dos medios.
Entre outras moitas áreas, analizaranse as referentes a Infancia, adolescencia e mocidade, Persoas maiores, Drogodependencias, Pobreza e Cuarto Mundo, ou Desenvolvemento Sustentábel; a través de diferentes actuacións: seguemento de noticias, elaboración de materiais didácticos, creación dun fondo documental especializado e organización de foros internacionais de debate.
Dos foros, está previsto que se celebren os seguintes entre novembro de 2006 e marzo de 2007: Comunicación e Discapacidades, Comunicación e Mocidade e Comunicación e Persoas Maiores, para alén do xa datado 25 de novembro deste ano, sobre Comunicación e Xénero.
O sistema de funcionamento dos foros combina unha fase virtual e unha presencial. Os textos e as comunicacións recibidas iranse dispoñibilizando na páxina web do Observatorio para que se poidan establecer debates on-line sobre os mesmos. O resultado destes foros electrónicos publicarase na revista que lanzará o Seminario, Comunicación e Cidadanía: Revista Internacional de Xornalismo Social – Social Journalism International Review. Como culminación, os foros chegarán á fase presencial, na que se debaterá para establecer as conclusión finais.
Estes foros están organizados polo Seminario Permanente sobre Comunicación, Cidadanía e Xornalismo Social, que é unha iniciativa do Observatorio Galego dos Medios, que á súa vez traballa no marco do CPXG. Están patrocinados pola Vicepresidencia da Xunta de Galicia, e colabora con eles a USC e o grupo de investigación Cidacom.