Gemma Malvido e Vanessa Casteleiro reciben o martes 3 de outubro o Premio Somos Esenciais 2023

Imaxe do Premio Somos Esenciais

Gemma Malvido e Vanessa Casteleiro, gañadoras do Premio de Xornalismo Somos Esenciais 2023, e María de La Huerta, finalista, recollerán os seus galardóns o martes 3 de outubro ás 11:00 horas na sede do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia en Santiago. O premio está organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia en colaboración con Gadis.

O vindeiro 3 de outubro vai ter lugar ás 11:00 na sede do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia en Santiago (Rúa Ponferrada, 9, baixo) o acto de entrega do Premio de Xornalismo Somos Esenciais 2023, organizado polo propio CPXG en colaboración con Gadis. Gemma Malvido e Vanessa Casteleiro,, de La Opinión A Coruña, foron as gañadoras desta edición. Xunto á finalista María de La Huerta, recollerán os seus galardóns nun acto que contará tamén coa presenza do vicedecano terceiro do Colexio, Xosé Manuel Pereiro, e de Melisa Pagliaro Fernández, directora de Márketing e Responsabilidade Social Corporativa de Gadisa. 

Gemma Malvido Otero e Vanessa Casteleiro Martinez, de La Opinión A Coruña, foron as gañadoras do III Premio Somos Esenciais, convocado baixo o lema A información ao servizo da xente, pola súa serie de reportaxes: "Una tarde en Teixeiro: «¿Se porta bien?»" e "Con ganas de salir adelante’, xunto con "Una mañana en Teixeiro: Deporte, trabajo, estudio y manualidades para volver a la calle", publicadas o 3 de xullo e o 6 de novembro de 2022. O xurado decidiu conceder tamén unha mención especial como finalista  á xornalista María de La Huerta por "Suicidio de mayores, un drama silenciado", un traballo publicado o 17 de xullo de 2022, tamén en La Opinión A Coruña

O xurado do terceiro Premio de Xornalismo 'Somos Esenciais' estivo composto por Antía González Paredes, Francisco X. González Sarria, Darío Janeiro Pereira, Belén Regueira Leal, Manuel Rey Pan, Lucía Rodríguez Peña, Ana Isabel Rodríguez Vázquez, e Cristina de la Vega Jiménez

Premio de Xornalismo Somos Esenciais

O Premio de Xornalismo Somos Esenciais, organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, corporación de dereito público que representa aos xornalistas galegos, coa colaboración con Gadis, recoñece o labor dos e das profesionais da comunicación e a información social como vehículo condutor entre o que pasa na sociedade e a cidadanía, dando voz aos problemas dos axentes sociais e aos efectos que causan. 

Na súa primeira edición resultou gañadora Isabel Bravo co traballo «Cando as preguntas aínda non tiñan resposta», emitido na Radio Coruña - Cadena SER. Concedeuse tamén unha mención especial como finalista á reportaxe "La uci del covid, desde dentro: «No somos héroes»", publicada por Ángel Paniagua en La Voz de Galicia. Na segunda edición, o gañador foi Manuel Rey Pan, polo podcast de GCiencia "O ano da pandemia". O equipo formado por Elena Martín Lores, Pablo Santiago Martínez, Sofía Caamaño Deus e Ruben Alexandre Lopes Martins recibiu tamén unha mención especial como finalistas pola reportaxe "Pechar a fronteira foi como pechar a fiestra da casa", publicada no dixital Xarda e no xornal portugués Público.

CPXG