Liberado o correspondente de Telesur Fredy Muñoz Altamiranda

Un Tribunal de Cartagena revogou a prisión cautelar que pesaba sobre o correspondente da Televisora do Sur (Telesur) en Colombia, Fredy Muñoz Altamiranda, que estaba detido no cárcere de El Bosque, en Barranquilla, desde fai 52 días acusado de rebelión e terrorismo.
Fredy Muñoz Altamiranda foi detido o 19 de novembro último no aeroporto internacional El Dorado, de Bogotá, por autoridades do Departamento Administrativo de Seguridad (DAS), acusado dos supostos delitos de rebelión e terrorismo, cando regresaba de participar nunha reunión profesional en Venezuela.

A liberación foi confirmada polo avogado do xornalista, Tito Gaitán, quen sinalou que os cargos "non tiñan ningún sustento probatorio" polo que obtivo a autorización para saír.

A detención produciuse polo testemuño dun reinsertado das FARC que asegurou que Muñoz era un presunto colaborador da fronte número 37 dese grupo armado e apoiárao en polo menos dous atentados.

Telesur foi creado por iniciativa do Goberno do presidente de Venezuela, Hugo Chávez, para ofrecer noticias latinoamericanas cunha visión diferente á das canles internacionais estadounidenses.

COLOMBIA
PERIODISTAS-ES