Milán reinicia o xuízo contra Silvio Berlusconi polo caso Mediaset
O xuízo contra o ex primeiro ministro italiano Silvio Berlusconi, acusado de falsidade en balance e apropiación indebida nas operacións de compravenda dos dereitos de transmisión de películas estadounidenses por parte do grupo televisivo Mediaset, reiniciarase hoxe en Milán.
A vista oral foi adiada o 27 de novembro, despois de que Berlusconi sufrise unha lipotimia durante a súa intervención nun acto público. A vista fora adiada xa o 21 de novembro, despois de que os avogados de Berlusconi recusaran ó maxistrado Edouardo D'Avosa, quen encabeza a corte que xulga ó magnate italiano. O Tribunal de Milán non aceptou esa recusación.
Os xuíces teñen agora que estudar a petición dos avogados acerca da prescrición do delito.
A orixe do caso é a compravenda dos dereitos de transmisión de películas estadounidenses por parte de Mediaset, por un valor de 470 millóns de euros, en torno á cal foi creado un tramado de transaccións nas que supostamente participaron empresas rexistradas en paraísos fiscais ó servizo de Berlusconi.
A fiscalía cre que na operación se "engordou" artificialmente o prezo real dos dereitos, desviáronse a contas no estranxeiro preto de 280 millóns de euros e eludiuse ó fisco o equivalente a uns 170 millóns de euros entre 1994 e 1996.
Xunto a Berlusconi, están acusados o presidente de Mediaset Fedele Confaloniere e outras nove persoas.
ROMA
EL MUNDO / EFE