Novos obradoiros de Xornalismo na Escola en Lugo no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes

Obradoiro de Xornalismo na Escola no IES Sanxillao de Lugo

O IES Nosa Señora dos Ollos Grandes recibirá os obradoiros da segunda edición de Xornalismo na Escola, iniciativa do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Obra Social ‘la Caixa’, este xoves 25 de maio e o vindeiro xoves 1 de xuño.

Este é o segundo IES da cidade no que se imparten este ano os obradoiros de Xornalismo na Escola, que xa chegaron ao IES Sanxillao o pasado 3 de abril. Os talleres estarán impartidos pola xornalista Ángeles Fernández Mayra e van desenvolverse, os dous días, a partir das 10:30 horas.

O obxectivo dos obradoiros é tratar de inculcar na xuventude o espírito crítico ante a información e as novas nos medios de comunicación offline online. Deste xeito, os alumnos tratarán temas como os riscos e as vantaxes das novas tecnoloxías de información e a comunicación (TIC), a necesidade da mediación e o contraste de fontes no xornalismo ou tamén o que pode supór para á xente nova a veracidade e o rigor xornalístico.

O proxecto de Xornalismo na Escola, que se pode seguir en twitter baixo o hashtag #XornalismoNaEscola, é posible grazas a un acordo acadado a finais de 2015 entre o Colexio de Xornalistas de Galicia e a Obra Social La Caixa e que agora se renova e amplía cunha segunda edición máis ambiciosa. A súa primeira edición levou con grande éxito máis de sesenta talleres de comunicación a case corenta puntos da xeografía galega. 

A Obra Social ‘la Caixa’ está a levar tamén esta iniciativa a outras cidades e comunidades autónomas, onde xa hai algúns anos que se puxo en marcha o proxecto. Cataluña, Sevilla e Madrid son algúns deses lugares onde se ven celebrando obradoiros de similares características.

CPXG