O Col.legi de Periodistes de Catalunya lembra que non se pode restrinxir o dereito nin o deber de informar dos xornalistas
O Col.legi de Periodistes de Catalunya considera inadmisibles as medidas acordadas polo Partido Popular contra o grupo de comunicación PRISA. Nunha decisión sen precedentes na democracia, o principal partido da oposición anunciou que "deixará de atender todas as convocatorias de entrevistas, debates e programas do Grupo Prisa e outras empresas controladas por Xesús de Polanco". O PP responde así a unhas declaracións do presidente de PRISA formuladas na Xunta xeral da compañía.
Máis alá da consideración que merezan as afirmacións de Xesús de Polanco, en ningún caso poden ser escusa ou motivo para restrinxir o dereito e o deber de informar que teñen os xornalistas.
O anuncio do PP representa a vulneración dunha norma básica do sistema democrático, a da liberdade de información e opinión.
O feito de que o Partido Popular se dirixa a "todos os cidadáns, e de forma especial ós accionistas, anunciantes e clientes deste grupo de comunicación" pódese interpretar como un intento de condicionar a independencia no exercicio do xornalismo.
O Col.legi de Periodistes lamenta que a escalada da crispación que afecta á vida política española se traslade de forma tan grave ós medios de comunicación. O Col.legi adhírese ó chamamento que fai a Asociación da Prensa de Madrid no sentido de que "os xornalistas e os editores, no exercicio máis rigoroso da súa profesión, propicien un clima de entendemento na sociedade sen deixar de lado o imprescindible debate e crítica.
EL PAIS
MADRID