O Colexio de Xornalistas abre un espazo de traballo para colexiados e colexiadas

O Colexio de Xornalistas pon a disposición dos colexiados e colexiadas, de maneira gratuíta, unha sala na súa sede en Santiago de Compostela (Rúa Ponferrada, 9, baixo). Con esta iniciativa, o Colexio tenta dar resposta ás necesidades dos e das xornalistas que traballan, como autónomos ou freelance, sen dispor dun espazo de traballo. 

Poderán solicitar o seu uso os colexiados e colexiadas do Colexio de Xornalistas, mediante o envío dunha solicitude con polo menos 48 de antelación a xornalistas@xornalistas.gal. As solicitudes deberán indicar nome e número de colexiado/a, data e hora no que se vai facer uso das instalacións (non máis de cinco horas diarias) e se se vai traer portátil propio. Excepcionalmente, a Xunta de Goberno pode acordar permitir o seu uso a non colexiados/as.

A sala está dotada dun ordenador de sobremesa, pantalla, teclado, mesa, cadeira e conexión a internet. Pode solicitarse tamén unha clave de wi-fi se se accede con dispositivos propios. Ademais, poden imprentarse documentos previa solicitude e sempre nun número razoable de páxinas.

Para poder facer un reparto equitativo de uso, a Xunta de Goberno reservase o dereito de rexeitar unha solicitude que se manteña no tempo. O uso da sala realizarase sempre dentro do horario de oficina do Colexio de Xornalistas. 

CPXG