O Colexio de Xornalistas abre unha conta na rede social Bluesky
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia vén de sumar unha nova vía de comunicación coas colexiadas e colexiados e con toda a profesión e a sociedade galega ao abrir unha conta en Bluesky. Desde esta nova rede descentralizada de microblogging poderá seguirse tamén desde hoxe toda a actualidade relativa á actividade do órgano de representación da profesión xornalística en Galicia.
Todas as persoas interesadas en recibir a información do Colexio de Xornalistas a través desta canle poden acceder seguindo o perfil @xornalistas. Coa apertura desta nova vía de comunicación, o Colexio de Xornalistas quere ampliar as posibilidades de transmitir a súa información ao conxunto da cidadanía, de xeito que ninguén que o desexe quede sen acceso á actualidade do xornalismo galego.
Ademais desta nova rede social, o Colexio de Xornalistas está presente en Facebook, Instagram, LinkedIn, Telegram, Threads, WhatsApp, X / Twitter e Youtube.
CPXG