O Colexio de Xornalistas apoia o acto de protesta do SXG contra os despedimentos
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) apoia o acto de protesta convocado polo Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) para o vindeiro 26 de maio baixo o lema ‘Máis despedimentos, menos información’.
"O obxectivo é concienciar a sociedade de que de seguir a precarización dos informadores perigan non só os postos de traballo, senón a pluralidade e a calidade das noticias", segundo sinalou o SXG a través dun comunicado.
O CPXG coincide co Sindicato en que a situación laboral na que se atopan os xornalistas lesiona o dereito que teñen os cidadáns a recibiren unha información veraz, plural, independente e de calidade. A temporalidade dos contratos fan os xornalistas máis vulnerables ás presións que reciben, mentres que as longas xornadas laborais e os salarios baixos inciden directa e negativamente na calidade do seu traballo.
O CPXG anima os seus colexiados a secundar este acto de protesta que consiste, basicamente, en levar ós actos públicos e conferencias de prensa a camisola que reparte o SXG co lema 'Máis despedimentos, menos información"; ademais de preguntarlles ós políticos nesa xornada cales son as medidas que pensan adoptar para acabar coa precaridade e os despedimentos que se están a producir no 70 por cento dos medios galegos, segundo datos do Sindicato de Xornalistas de Galicia.