O Colexio de Xornalistas de Galicia reúnese co PSdeG para trasladarlle as preocupacións do xornalismo galego

María Bragado e Xaime Conde xunto con Noelia Otero nun momento da xuntanza
Membros da Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia reuníronse o pasado venres con Noelia Otero, xornalista e parte da candidatura do PSdeG á Xunta de Galicia para trasladarlle a situación do xornalismo e os xornalistas en Galicia, asi como os seus principais problemas e preocupacións.
Durante o encontro, Xaime Conde e María Bragado, vogais da Xunta de Goberno, puxeron en valor a necesidade de impulsar a aprobación de iniciativas como o Estatuto do Xornalista Profesional ou a posta en marcha do 100% das disposicións da Lei 9/2011 dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia para contar cuns medios públicos máis plurais e sen ataduras partidistas.

A xuntanza está encadrada nos contactos do Colexio coas principais forzas políticas para lles trasladar os problemas do xornalismo galego, a meirande parte dos cales recollidos na carta que o CPXG lle fixo chegar aos candidatos e candidatas á presidencai da Xunta de Galicia.

CPXG