O Colexio de Xornalistas entra este martes 1 de xuño no horario de verán

A partir deste vindeiro martes, 1 de xuño, e ata o xoves 30 de setembro, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia funcionará en horario de verán, de luns a venres de 8.00 a 15.00 horas, segundo estipula o convenio de Despachos e Oficinas da provincia da Coruña.

As persoas interesadas en contactar co Colexio poden continuar facéndoo nese horario, ben mediante o enderezo electrónico xornalistas@xornalistas.gal, ben chamando ao teléfono 981 935 670. Continuando coas medidas preventivas, a atención presencial na sede realizarase mediante a concertación dunha cita previa.

CPXG