O Colexio de Xornalistas expedirá un certificado especial para aqueles colexiados que precisen acreditar o seu labor

Ante a crise do coronavirus, o Colexio de Xornalistas expedirá un certificado especial para todos aqueles xornalistas colexiados que se encontren con dificultades para xustificar a súa presenza na rúa por motivos laborais. 

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia pon a disposición das colexiadas e colexiados que o precisen un certificado de colexiación especial que lles permita acreditar que forman parte da entidade e están a realizar labores informativas.

O certificado está especialmente dirixido a aqueles xornalistas autónomos e freelance que nalgunhas ocasións poden atoparse con complicacións para xustificar que a súa presenza na rúa se debe a motivos de traballo. Con todo, calquera xornalista colexiado pode solicitalo, sen importar a súa situación laboral. 

Podes solicitar o certificado por correo electrónico, escribindo ao correo electrónico xornalistas@xornalistas.gal

Asemade, se es autónomo ou autónoma e tes un certificado dixital da administración, recomendámosche que descargues, a través da páxina da seguridade social o "Informe da situación actual do traballador". Este certificado acredita a túa alta como autónomo e a actividade que estás a desenvolver, polo que debera ser suficiente para xustificar o teu traballo. 

CPXG